31 de xullo de 2020

XXIII Ruta de Sendeirismo

O próximo sábado 1 de agosto terá lugar a XXIII Ruta de Sendeirismo de Aiazo. Este ano, por precaución, non haberá xantar, só camiñata. Sairemos ás 10 de local social e iremos cara aos Pasos para achegarnos ata a Presa de Agrolongo polo lado de Tambre. Volveremos polo mesmo sitio.
*IMPORTANTE: Traer Máscara!!!

Deseño feito por Manuel López Rey

Un San Pedro diferente

Achéganse as festas patronais de Aiazo e, por primeira vez en moito tempo, non serán como esperabamos. A pandemia do COVID-19 paralizou todo, malia iso desexamos que pasedes unha boa fin de semana e compartimos con vós estas notas de prensa dos anos 30 que recuperou Manuel López Rey, ou Manuel de Ramiro como lle gusta que lle chamen, e que relatan como era a celebración do San pedro hai case 100 anos.



SUSPENDIDA a XV Festa da Merenda!!!

A XV Festa da Merenda, que se ía celebrar o domingo 5 de abril, queda suspendida ante a emerxencia sanitaria provocada polo coronavirus, á espera da evolución dos acontecementos.
Dende Aiazo mandamos un abrazo a todos/as os veciños/as que se atopan fóra desexando que estean ben.

2 de xuño de 2019

Xantar voluntarios XIV Festa da Merenda


12 de maio de 2019

Inauguración Chiringuito dos Pasos



O próximo venres 17 de maio, a partir das 21 horas, inaugúrase a nova tempada do chiringuito dos Pasos en Aiazo. Achegádevos, haberá pinchos.